CLIENTE

HASTA 50€ DE DESCUENTO

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra.

Prazo de validez do bono: do 14 de decembro de 2024 ao 14 de febreiro de 2025, salvo que se esgote o orzamento do programa.

Como funciona?

Cada cliente disporá como máximo dun bono de desconto por un importe de ata 50€ que se poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais participantes e que se identificará co distintivo da campaña.

No caso de esgotar o orzamento do programa, os vales descargados deixarán de ser utilizados.

Só tes que seguir estes sinxelos pasos:

1

Descarga a aplicación Wallet no teu teléfono móbil.

2

Rexístrate desde o teu móbil ou na web en https://app.bonosconsuma.gal

3

Recibirás unha mensaxe de validación (SMS).

4

Activa o teu Bono Consuma e descárgao (en forma de código QR).

5

Busca o distintivo Consuma Bonus nos establecementos.

6

Mostra o código QR do teu bono no momento do pago.

7

Terá un desconto de ata 15 € no importe da compra.