O Concello de Ames promove a xeración de actividade económica na vila. Entre os obxectivos que persegue o Concello, a través dos seus diferentes ámbitos, está a promoción e posicionamento da cidade como destino comercial, turístico, cultural e de lecer, contribuíndo á dinamización e xeración de riqueza da vila.
Así, Ames, a través deste programa, pretende dinamizar o consumo directo na vila co obxectivo de apoiar a reactivación económica e posicionar a Ames como unha vila viva e dinámica.
Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 50€ que se poderá descontar nos distintos establecementos participantes e que se identificará co distintivo da campaña.
Establécense tres apartados de gasto nos que se aplicarán descontos:
O cliente mostra o código QR que obtivo tras descargar o bono correspondente na páxina web.
O propietario do establecemento accede á APP Móbil e introduce o importe da compra.
A APP valida o QR, calcula o desconto e entrega ao negocio o prezo final que se cobrará ao cliente.
O establecemento realiza o pagamento e valida a operación na aplicación.
A plataforma rexistra, desconta a bonificación e actualiza a carteira do cliente/usuario.
O Concello ordena o pagamento do importe bonificado ao establecemento participante.